Amosando publicacións coa etiqueta inkscape. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inkscape. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de marzo de 2014

NOVO EXERCICIO


Ao rematar coa edición de vídeo imos repasar a edición de imaxe. O exercicio que debes realizar consiste na edición dunha capa dun libro ou dun CD. Escolle un libro que che guste ou o teu albúm favorito e propón un novo deseño para a súa presentación. Preme na imaxe para ver algunhas capas de libros presentadas a un concurso convocado pola Academia Británica de Deseño de Capas.

venres, 22 de novembro de 2013

ANIMACIÓN CON INKSCAPE



IMPRESIONANTE!!!
As imaxes están editadas con Inkscape, fotograma a fotograma e despois montadas cun editor de vídeo.

GIF ANIMADO


Tes que editar un gif animado, comeza por algo sinxelo: Abre Inkscape, crea unha forma xeométrica sinxela e vai deformandoa pixel a pixel, vai gardando cada paso en formato .png, lembra que para un segundo de gif necesitas 25 imaxes. Cando remates abre as imaxes como capas nun documento de Gimp, vai a filtros-animación-reproducir, e verás que Gimp converte cada capa nun fotograma da animación, axusta os resultados e garda o documento en formato gif.

ESTE VIDEO TITORIAL PODE AXUDARTE




OLLO!!!
Antes de aplicar a interpolación, fai o seguinte: Selecciona cada un dos textos, convertir en traxectos, desagrupar e despois traxecto combinar. A continuación: Extensiones-xerar dende traxecto-interpolar-cambiar a método 1
OU ISTO...

venres, 15 de novembro de 2013

PERSONALIZANDO O BLOG

Tes que deseñar un fondo para o teu blog. Condicións que debe cumprir:
  • Dimensións 1900 x 1700 px
  • Non pode ter un peso maior de 300Kb
  • Resolución 90ppp
  • Non debe estar moi recargado. A función do fondo é acompañar ás entradas.
Despois personaliza a cabeceira editando unha imaxe, duns 800px de ancho e 150-200px de alto e inseríndoa en deseño-cabeceira, lembra marcar a opción "no canto do título e a descrición" e "encoller ata axustar".

martes, 5 de novembro de 2013

CARTAZ "SON DO UMIA"

Tes que deseñar un cartaz para o II Concurso da canción Terras do Umia. O cartaz terá as seguintes características:
  • Estará editado usando o Gimp ou Inkscape.
  • Usarás a plantilla A3, cunha resolución de 150ppp en Gimp ou A4 con 300ppp en Inkscape.
  • A orientación pode ser vertical ou horizontal.
  • Aparecerá o texto II FESTIVAL DA CANCIÓN DA COMARCA DO UMIA
  • Aparecerá o texto Organizan os Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia"
Preme na seguinte ligazón para ver o cartaz do ano pasado

martes, 15 de outubro de 2013

TITORIAIS INKSCAPE

Están moi ben estes titoriais!
Podes comezar por un dos máis doados (números baixos) e despois tentar facer o xeado, é un pouco difícil pero merece a pena.

mércores, 9 de outubro de 2013

CREA O TEU AVATAR CON INKSCAPE



Escolle o titorial (chico ou chica) e crea un avatar que te represente seguindo os pasos. Está en  inglés pero vendo as imaxes queda bastante claro. 
Aquí está o meu avatar

MELLOREIME UN POUQUIÑO CLARO....; )



martes, 8 de outubro de 2013

INKSCAPE BÁSICO


Se queres ir probando co Inkscape, este pode ser un bo titorial de inicio!
Visita o blog do creador do titorial  http://2dgameartforprogrammers.blogspot.com.es/