Ao rematar coa edición de vídeo imos repasar a edición de imaxe. O exercicio que debes realizar consiste na edición dunha capa dun libro ou dun CD. Escolle un libro que che guste ou o teu albúm favorito e propón un novo deseño para a súa presentación. Preme na imaxe para ver algunhas capas de libros presentadas a un concurso convocado pola Academia Británica de Deseño de Capas.
Amosando publicacións coa etiqueta gimp b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta gimp b>. Amosar todas as publicacións
martes, 18 de marzo de 2014
venres, 22 de novembro de 2013
GIF ANIMADO
Tes que editar un gif animado, comeza por algo sinxelo: Abre Inkscape, crea unha forma xeométrica sinxela e vai deformandoa pixel a pixel, vai gardando cada paso en formato .png, lembra que para un segundo de gif necesitas 25 imaxes. Cando remates abre as imaxes como capas nun documento de Gimp, vai a filtros-animación-reproducir, e verás que Gimp converte cada capa nun fotograma da animación, axusta os resultados e garda o documento en formato gif.
ESTE VIDEO TITORIAL PODE AXUDARTE
OLLO!!!
Antes de aplicar a interpolación, fai o seguinte: Selecciona cada un dos textos, convertir en traxectos, desagrupar e despois traxecto combinar. A continuación: Extensiones-xerar dende traxecto-interpolar-cambiar a método 1
OU ISTO...
venres, 15 de novembro de 2013
PERSONALIZANDO O BLOG
Tes que deseñar un fondo para o teu blog. Condicións que debe cumprir:
- Dimensións 1900 x 1700 px
- Non pode ter un peso maior de 300Kb
- Resolución 90ppp
- Non debe estar moi recargado. A función do fondo é acompañar ás entradas.
Despois personaliza a cabeceira editando unha imaxe, duns 800px de ancho e 150-200px de alto e inseríndoa en deseño-cabeceira, lembra marcar a opción "no canto do título e a descrición" e "encoller ata axustar".
martes, 5 de novembro de 2013
CARTAZ "SON DO UMIA"
Tes que deseñar un cartaz para o II Concurso da canción Terras do Umia. O cartaz terá as seguintes características:
- Estará editado usando o Gimp ou Inkscape.
- Usarás a plantilla A3, cunha resolución de 150ppp en Gimp ou A4 con 300ppp en Inkscape.
- A orientación pode ser vertical ou horizontal.
- Aparecerá o texto II FESTIVAL DA CANCIÓN DA COMARCA DO UMIA
- Aparecerá o texto Organizan os Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia"
Preme na seguinte ligazón para ver o cartaz do ano pasado
luns, 21 de outubro de 2013
DESEÑO DO CARTAZ DO CONCURSO DE MICROTEXTOS
Tes que deseñar un cartaz para o VI concurso de microtextos "Terras do Umia". O cartaz terá as seguintes características:
- Estará editado usando o Gimp ou Inkscape..
- Usarás a plantilla A3, cunha resolución de 150ppp no Gimp ou A4 a 300ppp en Inkscape.
- A orientación pode ser vertical ou horizontal.
- O tema deste ano é NOITE
- Aparecerá o texto VI concurso de microrrelatos e micropoemas "Terras do Umia"
- Aparecerán os escudos dos concellos da coordinadora.
- Aparecerá o texto Organizan os Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia"
Preme na imaxe para ver os dos anos anteriores
|
|
| escudos terras do umia |
martes, 8 de outubro de 2013
domingo, 6 de outubro de 2013
EFECTO MAQUETA CO GIMP
Imos traballar distintos filtros, máscara de capa e efectos de cor seguindo este titorial de http://www.jesusda.com/blog/
luns, 23 de setembro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





